jueves, 11 de diciembre de 2014

DIRECTORIO TEMÁTICO

https://drive.google.com/file/d/0B-sSrvMxJiBQMTdtR05HSEVhYVU/view?usp=sharing

Tendo en conta as características e necesidades do meu alumnado, foime algo difícil atopar actividades adaptadas para eles.
Non atopei actividades ardora para eles (ademais tiña problemas co Java para visualizar algunhas actividades, xa que eu teño instalada a última versión e as medidas de seguridade son excesivas), por iso incorporei outras actividades (como se indicaba no foro).
O Jclic tamén o coñecía (polo menos agora podo velas, xa que ata fai pouco non podía por ter o windows 7 no ordenador).
O que máis me gusta a min é o LIM. Xa eleborei varias actividades para o meu alumnado e é unha ferramenta que me gusta para deseñar actividades. O problema é cando queremos traballar con estas actividades nas Tablets, xa que hai algunhas actividades que non se poden realizar (polo menos nos dispositivos android).
Outra ferramenta que uso moito co meu alumnado é o Impress do Open Office, para elaborar presentacións dos contidos que imos traballar.
No blog de TIC do CEE A Barcia temos colgadas varias actividades que deseñamos para o noso alumnado.