jueves, 11 de diciembre de 2014

DIRECTORIO TEMÁTICO

https://drive.google.com/file/d/0B-sSrvMxJiBQMTdtR05HSEVhYVU/view?usp=sharing

Tendo en conta as características e necesidades do meu alumnado, foime algo difícil atopar actividades adaptadas para eles.
Non atopei actividades ardora para eles (ademais tiña problemas co Java para visualizar algunhas actividades, xa que eu teño instalada a última versión e as medidas de seguridade son excesivas), por iso incorporei outras actividades (como se indicaba no foro).
O Jclic tamén o coñecía (polo menos agora podo velas, xa que ata fai pouco non podía por ter o windows 7 no ordenador).
O que máis me gusta a min é o LIM. Xa eleborei varias actividades para o meu alumnado e é unha ferramenta que me gusta para deseñar actividades. O problema é cando queremos traballar con estas actividades nas Tablets, xa que hai algunhas actividades que non se poden realizar (polo menos nos dispositivos android).
Outra ferramenta que uso moito co meu alumnado é o Impress do Open Office, para elaborar presentacións dos contidos que imos traballar.
No blog de TIC do CEE A Barcia temos colgadas varias actividades que deseñamos para o noso alumnado.

lunes, 24 de noviembre de 2014

INICIO BLOG

Este blog foi creado no transcurso do curso "Nivel Medio Inicial en Tecnoloxía da Información e da Comunicación".
Eu son mestra do CEE A Barcia. No noso centro traballamos coas TICs co noso alumnado. 
Todas as aulas do centro están dotadas cunha PDI e un portatil, ademáis temos 7 Tablets para traballar co noso alumnado (máis 3 que as usan os/as mestres/as de AL).
Usamos as TICs como un recurso máis posto a disposición do noso alumnado para que progresen no seu proceso de ensino aprendizaxe.
Para traballar con eles:
Traballamos cos pictogramas ARASAAC, xa que son libres e permiten que as familias teñan acceso a eles a través de internet.


Fai 2 anos realizamos no noso centro un grupo de traballo para determinar se as Tablets eran un recurso adecuado para o noso alumnado.
Entre os diversos documentos elaborados, destaco os seguintes:




Para finalizar a tarefa, teño que incorporar un video dende o meu ordenador.... por motivos de legalidade (non hai autorización expresa para saír neste blog) non podo colgar un video do meu alumnado. Asi que colgarei un video do grupo de traballo, outro comunicador: